Coa presenza da presidenta da Agrupación Rosalía De Castro de Madrid , Jovita Fernández Rodríguez e o presidente do Centro Gallego de Madrid Fernando Rey Paz, o «Entroido galego» , chegou a Madrid onte 15 de Febreiro.

Agradecemos a Carlos Segura Concejal-Presidente do Distrito Centro de Madrid, acompañado por Pablo Refoyo Álvarez e a Julio Ancochea presidente de Asomega – Asociación de Médicos Gallegos a súa presenza nesta pequena mostra de folclore galego, na que fixemos un «pasacalles» entre a nosa sede en Carretas 14 e a Praza de Jacinto Benavente, para dar a coñecer ao público as nosas tradicións cuns invitados de luxo, chegados desde Viana do Bolo, para mostrarnos a figura do Boteiro, un dos personaxes máis típicos do Entroido en Galicia.

A Agrupación Artística Galega Rosalía de Castro, do Centro Gallego de Madrid, organizou o sábado 15 de febreiro, unha conferencia sobre o entroido de Viana do Bolo, presentada por Pedro Basalo Bembibre, do Centro de Estudos Galegos de Padua.
Na conferencia: «Entrudio de Viana do Bolo: o visible e o invisible».

No relatorio achegounos a tradición do «Entrudio vianés» a través dos principais ritos e máscaras. Ademais, en determinados momentos, establecía comparacións entre esta festa e manifestacións tradicionais similares en Italia.

Basalo explicou,os diferentes ritos e personaxes do Entrudio en Viana: datas, ciclo festivo, lardeiros, fariña, fulión, boteiros, comparsas, para, finalmente mostrar as pezas do traxe de boteiro ca axuda de Iván que levaba o traxe típico.

Foi un acto moi interesante con gran asistencia de público, para finalizar o acto tivemos un aperitivo no noso salón con foliada. Pasámolo moi ben.