La obra se podrá disfrutar a partir de las 18 horas (España) del próximo domingo 24 de enero a través del enlace https://videoplayers.tiivii.com/cdg
****
A Secretaría Xeral da Emigración quere convidar a tódolos galegos do exterior á única transmisión vía telemática da obra “O Charco de Ulises” que está a representarse no Salón Teatro de Santiago de Compostela, producida polo Centro Dramático Galego da Xunta de Galicia.
Deste xeito, o domingo 24 ás 18 horas (de España), os interesados poderán gozar do servizo de streaming do CDG, activando a ligazón https://videoplayers.tiivii.com/cdg para acceder á gravación do espectáculo e ao coloquio posterior (19,40 h.), que será transmitido en directo.
Trátase a primeira produción propia da actual tempada do Centro Dramático Galego, dirixido por Santiago Cortegoso e Marían Bañobre, que revisa A Odisea dende a perspectiva da emigración galega, situando o clásico de Homero nun contexto trasatlántico.
Pregamos difúndase entre os seus socios e o colectivo de galegos do exterior, xa que é unha oportunidade de gozar do teatro galego en galego, e ademáis, aberto a todo o público en xeral.
Deja tu comentario