Xosé Luna presenta en Madrid o seu libro «Aire, amor e vento»

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid , Fagama presentará mañá sábado 25 de xaneiro as 12:15 hrs, o último poemario do estradense Xosé Luna. «Aire, amor e vento» , no Centro Gallego de Madrid nun acto con recital poético, música de Carlos Nieto e da Agrupación Rosalía De Castro de Madrid e xantar posterior ao que tamén asistirán o ilustrador, Ramiro Cimadevila, o alcalde estradense, Gonzalo Louzao, Andrés Ramos, reverendo das Comunidades Galegas en Madrid, Julio Ancochea, presidente de Asomega – Asociación de Médicos Gallegos e Pilar Falcón, presidenta do Club de Periodistas Gallegos en Madrid.