Hoxe celebramos o nacemento da nosa poeta máis universal, Rosalía de Castro, unha muller que sempre tivo presente o seu amor por Galicia.

Rosalía non só puxo voz á nosa terra, senón que dignificou a nosa lingua e defendeu a xustiza social.
Co retrato que temos dela, na nosa preciosa biblioteca queremos homenaxeala no seu día.