Lembrámosvos que mañá mércores 8 de outubro ás 20:00 h no Salón de Actos, terá lugar a proxección fotográfica “Rosalía en Madrid 1958”, comentada por Henrique Alvarellos , editor, escritor e activista cultural, que dará a coñecer, as fotografías (na imaxe, unha mostra) e todo o que aconteceu entre o 9 e o 12 de outubro de 1958 arredor da memoria de Rosalía de Castro e Manuel Murguía en Madrid, nos actos onde o Centro conmemoraba o centenario do Casamento deles na Villa.
Vai ser un acto moi interesante. Non faltedes!!
Este proxecto conta cunha axuda do Fondo de Educación e Promoción de Caixa Rural Galega.




Deja tu comentario