O Centro Gallego de Madrid acolleu o pasado mércores a proxección comentada ‘Rosalía en Madrid, 1958’, un traballo de investigación de Henrique Alvarellos con imaxes, máis de 20 fotografías históricas e documentos inéditos da homenaxe a Rosalía de Castro e Manuel Murguía organizada en Madrid por esta institución en 1958.
Foi un acto moi interesante e de gran importancia para o noso centro, por iso agradecemos a Henríque Alvarellos o seu gran traballo de investigación e que a primeira proxección pública fose na nosa sede.
Ao acto acudiu numeroso público, socios e membros da Xunta Directiva do Centro.




Deja tu comentario