«A rosa incandescente» proxectarase o mércores 12 de febreiro ás 19 hrs, no salón de actos do Centro Gallego de Madrid.

Unha peza audiovisual que presenta a unha Rosalía de Castro próxima e directa, interpretada pola actriz  Alba López.

“A rosa incandescente” achega ao público aspectos fundamentais da obra da autora galega, como a súa paixón pola literatura oral, o compromiso co país, a sensibilidade coas persoas marxinadas pola sociedade ou as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora.