Con motivo do 189 aniversario de Rosalía de Castro, onte domingo celebramos unha homenaxe na súa honra no Centro Galego de Madrid, organizado por FAGAMA.
Un acto marabilloso que contou coa presenza de Antonio Barros e Ialma,que nos deleitaron coa súa música. Un repertorio baseado na obra de Rosalía.

Houbo lecturas de poemas, a actuación do Coro do Centro Gallego de Madrid e ao final, todo o numeroso público alí presente, puido degustar un caldo de gloria.