Celebrouse, na biblioteca do Centro Gallego de Madrid , o relatorio «Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia» , impartido por Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia, fundada o 25 de xullo de 1950, baixo a presidencia de Ramón Otero Pedrayo, e coa presenza de personalidades senlleiras do galeguismo.
Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro foron as tres personalidades que dende o primeiro momento orientaron a editorial, comprometida coa recuperación da lingua e da cultura galegas, nos tempos difíciles da ditadura.
No encontro falouse do labor da Editorial Galaxia ao longo destes 75 anos, así como o seu papel fundamental na conservación, difusión e normalización da lingua e da cultura galegas.
Foi un acto moi interesante, onde recibimos dúas obras da editorial,que formarán parte da nosa biblioteca, polo que agradecemos moito a Xesús este agasallo.




Deja tu comentario