Onte, domingo 22 de marzo, vivimos unha das reunións máis emotivas celebradas ata a data no noso Centro. Por primeira vez, os nosos amigos da Asociación Galega Corredor do Henares , viñeron ao Centro Gallego de Madrid, para estreitar os lazos da comunidade gallega na capital e contribuír á difusión da cultura e as tradicións gallegas, cunha magnífica representación teatral.

«Un anaquiño da nosa historia» é unha obra moi emotiva baseada na historia da emigración en Galicia, que encheu de emoción a todos os asistentes ao evento.