Convidámosvos á presentación do libro “Finisterre, una luz más allá del camino” de Carlos Javier Vega Briz o vindeiro venres 7 de febreiro ás 19:00 h. na Biblioteca.

O autor relata unha historia de amizade a través da que o lector poderá descubrir as etapas, recunchos e puntos de interese do Camiño de Santiago. Nesta historia, o autor desvelará o gran secreto que se esconde no Camiño.

Na presentación, Carlos estará acompañado pola escritora Cristina Carrizo Altuzarra.