Onte vivimos unha xornada moi especial na romaría galega organizada por Fagama e o Centro Gallego de Madrid ,unha romaría chea de alegría, tradición e bo ambiente. Todo saíu xenial e foi un día moi bonito no que todos os amigos das asociacións galegas presentes, desfrutamos moitísimo.
Botamos moito de menos aos que non puideron vir.
Agradecemos a presenza de Luis E. Ramos , Director de Casa de Galicia en Madrid, por acompañarnos na celebración.
Unha vez máis queremos agradecer enormemente a Fagama pola súa colaboración e esforzo, xa que sen a súa axuda isto non sería posible. Tamén queremos darvos as grazas a todas as asociacións que viñestes á romaría, non foi doado organizar este evento en Madrid, pero conseguímolo. O voso entusiasmo e dedicación fixeron que a celebración fose aínda máis especial.
Grazas a todos e todas por facer posible esta bonita tradición e por compartir connosco momentos tan especiais. Pasámolo moi ben a pesar da calor.
Ata a próxima celebración! Os galegos de Madrid sempre estamos dispostos a unha boa festa.




Deja tu comentario