Non vos podedes perder este acto mañá xoves na Casa de Galicia, vai ser moi interesante e acompañaremos á nosa compañeira do Coro do Centro Galego de Madrid, Andrea Lapique, filla de Andrés do Barro, na presentación de Fernando Fernández Rego que nos achegará á intensa vida de seu pai ,marcada polo éxito e o baleiro que este trouxo consigo, así como aos tempos convulsos que lle tocou vivir, de par que nos ofrece un retrato da Galicia da época, das primeiras formacións beat, do Movemento Popular da Canción Galega e da censura que operaba nas emisoras que emitían cancións en galego, catalán e éuscaro. Un percorrido para coñecer a figura do cantante ferrolán, que deu prioridade ao seu amor pola terra e a xente, e que hoxe se reivindica pola súa modernidade e o labor pioneiro na fusión da música popular co pop.
Contaremos coa actuación musical de Manoele de Felisa e haberá máis sorpresas. Non faltedes.




Deja tu comentario