Dun xeito moi especial celebrouse este ano o Día de Santa Icía. O 22 de novembro, o Orfeón Trivés, viaxou a Madrid para dar un concerto no Centro Gallego de Madrid que contou con varios convidados, entre os que destacou a colaboración especial do pianista trivés Fabio Álvarez, a Agrupación Artística Rosalía de Castro do Centro Gallego de Madrid e o poeta Xosé Luna.
Ao remate do acto e tras interpretar o Himno Galego, houbo unha degustación de Bica de Trives para completar unha emocionante tarde chea de tradición galega.




Deja tu comentario