Nos complace compartir este comunicado que desde la Secretaría General de Emigración nos hacen llegar con motivo de la apertura de la «Porta Santa, Xacobeo 2021»:
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, infórmalles de que o departamento autonómico emitirá por streaming a apertura da Porta Santa coa que se da inicio ao Xacobeo 2021 o próximo 31 de decembro.
Deste xeito, facemos un chamamento a tódolos galegos do exterior para participar neste relevante acontecemento que suporá o comezo dun ano histórico para Galicia, e neste senso, solicitamos a súa colaboración para informar a todos os membros do seu colectivo da retransmisión deste acto histórico.
Os interesados poderán seguir a retransmisión en directo do acto o próximo 31 de decembro dende ás 17 ata as 20 horas (en España) a través dos enlaces que aparecerán na páxina web: https://emigracion.xunta.gal/es, así como nas diferentes redes sociais deste departamento.
Queremos recordarlle que dende a Secretaría Xeral da Emigración lévase xa tempo traballando para que a colectividade galega no exterior poida disfrutar do próximo Ano Santo 2021, e, especialmente, para a celebración do Día da Galicia Exterior, unha das iniciativas que maior relevancia ten entre as comunidades galegas do exterior, que serven de faro de divulgación do futuro ano Xacobeo.
Deja tu comentario